luns, 18 de outubro de 2021

Esta nova entrada responde á necesidade, tras moitos anos inactivo, de retomar o "proxectiño" do blogue. Mais preciso experimentar primeiro, lanzarme sen medo a facer prácticas, digamos... O mes de outubro, véspera da celebración dos defuntos, do Samaín, comezo de magostos e festas mortos e medos, é bo momento para comezarmos esta nova andaina...


Pois ben, grazas á memoria dos meus maiores, traio palabras e palabriñas... Sabíades o que son as esbilas? Para que serven? E os zonchos? Fostes nalgunha ocasión, neste tempo de outono, apañar castañas ao souto? Contádenos a vosa experiencia a través dun comentario no blogue, por exemplo... 


Alén disto, no mes dos medos e das cabazas, cómpre lembrar de onde vén o Samaín, como foi cruzou o océano e chegou a América da man dos irlandeses e como regresou até hoxe, como xa sabedes. 

Mais a memoria dos nosos maiores trae historias de cabazas pousadas nos camiños cunha veliña que asustaba aos transeúntes. De sustos, de almas en  pena, de disfraces... De tantas cousas que parece que chegaron de lonxe mais... Non, non... Son nosas. Naceron aquí... E viaxaron e regresaron... 

Se queres saír dun souto e meterte noutro...